A TVG presenta este venres a súa nova programación

Actualizado: jueves, 9 febrero 2006 20:40

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 9 Feb. (EUROPA PRESS) -

A Televisión de Galicia (TVG) presentará o vindeiro venres a súa nova programación nun acto que estará presidido polo director xeral da Compañía da Radio Televisión de Galicia (CRTVG), Benigno Sánchez, e o director xerente da TVG, Jesús Iglesias, durante o que se proxectará un vídeo no que se adiantarán os contidos e principais novidades nesta nova andaina da canle pública galega.

Nun comunicado a TVG, sinalou que este acto, que se presentará na Sala Arao do Palexco da Coruña, será conducido por Mon Santiso e nel se darán cita algúns dos presentadores e facianas da pequena pantalla que se farán populares desde esta temporada como Paco Lodeiro, Sonia Vizoso ou Xosé Luis Barreiro.