Unha obra sobre a emigración galega en Brasil vence o XI Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais

Actualizado: sábado, 4 febrero 2006 19:58

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 4 Feb. (EUROPA PRESS) -

O xurado do XI Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais faiou hoxe o seu veredicto a prol da obra 'Unha historia descoñecida: A presenza galega no Río de Janeiro', elaborada por Erica Sarmiento, residente en Ames (A Coruña).

O galardón, convocado polos concellos de Castro Caldelas e de Allariz, e as fundacións Sotelo Blanco e Vicente Risco, está dotado con 6.000 euros, ademais da publicación da obra pola editorial Sotelo Blanco Edicións.

Segundo informou a organización nun comunicado, o xurado valorou o "rigor metodolóxico" da investigación, a parte de abrir o campo de estudos da emigración galega no Brasil, eido "ata o de agora non cultivado".