Unhas 6.000 personas visitaron a mostra de Andrea Costas 'Persoal e intransferible' na Fundación Torrente Ballester

Actualizado: jueves, 13 abril 2006 20:13

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 13 Abr. (EUROPA PRESS) -

Unhas 6.000 persoas visitaron a mostra fotográfica 'Persoal e transferíbel', de Andrea Costas, na sala de exposicións da Fundación Gonzalo Torrente Ballester de Santiago de Compostela desde a súa inauguración o pasado 15 de marzo.

Na mostra, que estará aberta ata o vindeiro sábado, a artista viguesa encadea, a través de 320 fotografías, o resultado do traballo de oito voluntarios que, sumando a súa contribución á da autora, convirten á cámara nun medio para almacenar e descifrar diferentes aspectos das súas vidas.

O proxecto foi escollido e premiado na convocatoria da III Bolsa de Creación Fotográfica, iniciativa do departamento de Educación e Mocidade do Concello de Santiago de Compostela, organizador da mostra en colaboración co Centro de Estudos Fotográficos de Vigo.

Andrea Costas (Vigo, 1978) licenciouse en Belas Artes na Facultade de Pontevedra en 2002 e participou con anterioridade noutras exposicións individuais e colectivas e en 2001 gañou en Pontevedra o Certame de Artes Plásticas 'Novos Valores'.