Uns 1.800 escolares de Pontevedra participarán mañana nas actividades de Correlingua

Actualizado: domingo, 21 mayo 2006 19:17

PONTEVEDRA, 21 May. (EUROPA PRESS) -

Uns 1.800 escolares de ensino infantil e secundario participarán mañá nas actividades lúdico-educativas relacionadas coa promoción da lengua galega Correlingua 2006, unha carreira a prol do idioma que durante o mes de maio percorre cidades e vilas galegas.

As actividades comezarán a partir das 9.30 horas, cando os autobuses que trasladan aos rapaces cheguen á rúa Alexandre Bóveda e á praza de España para iniciar unha marcha que comezará a prepararse a partir das 10.15 horas na praza da Ferrería, dende onde se dará a saída.

Dispuxéronse dous percorridos, un de máis lonxitude para os alumnos de primaria e secundaria e outro de distancia máis curta para os escolares de educación infantil.

Ademais, ao longo da xornada matinal haberá as actuacións dos grupos Xababanda-5 & Xabarín con Manolo Romón e unha representación de alumnos de centros de Pontevedra, Armenteira e Pontecaldelas lerán o manifesto do Correlingua 2006. A partir das 12.15 horas, tralo remate da carreira, o alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores, e a concelleira de Cultura, María Xesús López Escudeiro, participarán na entrega de premios.