A VII edición do salón do libro infantil e xuvenil de Pontevedra abre as súas portas o vindeiro domingo

Actualizado: domingo, 29 enero 2006 18:46

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 29 Ene. (EUROPA PRESS) -

A sétima edición do salón do libro infantil e xuvenil de Pontevedra abrirá as súas portas o vindeiro 5 de febreiro cunha homenaxe á escritora María Victoria Moreno, falecida recentemente e a persona que estaba previsto que dera o pregón inaugural.

O luns día 6 comezarán as conferencias, protagonizadas este ano por Ana María Matute e Xela Armas, ao tempo que serán presentados libros coma o volume 'Trobalinguas'. Ademais, desenvolveranse outras actividades nas que participarán 4.000 escolares.

Entre esas actividades, atópanse un obradoiro de escrita, impartido por 'Tagen Alta', outro de ilustración, por Noemí López e Kiko da Silva, así coma un de medio ambente, da man de 'Papaventos", entre outros.

Por outra banda, na xornada de clausura, o día 11, terá lugar unha actuación de Luis Peschetti, mentres que o escritor Xosé Antón Neira Cruz terá palabras para María Victoria Moreno, tralo que pechará o acto a actuación de Uxía Senlle e da señora Carme de Malvela.