Xaquín Marín e Siro López abordarán o venres na Casa Museo de Rosalía de Castro o humor en viñetas

Actualizado: martes, 6 junio 2006 11:20

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 6 Jun. (EUROPA PRESS) -

Xaquín Marín e Siro López participarán o vindeiro venres na Casa Museo de Rosalía de Castro, en Padrón (A Coruña), nunha tertulia que se presenta baixo o título 'Humor en viñetas'.

A Fundación Rosalía de Castro organiza nesta Casa de Museo a segunda edición da serie de tertulias 'Diálogos na Casa de Rosalía', que ao longo de sete meses reúne a 25 escritores e especialistas a redor da figura de Rosalía de Castro e dos distintos ámbitos da cultura galega.

Estructurados en dúas areas esta segunda edición das tertulias, que se desenvolven os venres na Casa Museo, abordan desde distintas perspectivas cuestións como a relación entre Rosalía e a Galicia do seu tempo, a influenza da obra da poeta na historia da literatura galega, a recepción da súa obra ou a súa relación co mundo da escena.

Miguel Anxo Fernán Vello, Pilar García Negro, Maria Xosé Queizán, Xesús Alonso Montero, Dolores Vilavedra ou María Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda analizan os distintos aspectos da obra de Rosalía de Castro.

Na segunda area que vai ter lugar entre os meses de marzo e xullo os Diálogos centraranse en cuestións como o ensaísmo galego, a cultura nos medios de comunicación, as relacións entre cine e literatura ou a literatura en Internet, cuestións que analizaran expertos como Xosé Luis Barreiro, Suso de Toro, Santiago Jaureguizar, Arturo Casas ou Camilo Franco, entre outros.