A Xunta presenta mañá en Lugo unha escolma de poemas de autores galegos contra a dictadura franquista

Actualizado: domingo, 28 mayo 2006 17:07

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 28 May. (EUROPA PRESS) -

A Consellería de Cultura presentará mañá na Biblioteca Pública Provincial de Lugo unha escolma de poemas que, baixo o título 'Poemas pola memoria', supón unha lembranza da Guerra Civil e da represión durante o franquismo en Galicia.

No acto participarán o director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará; o autor da edición e da compilación, Manuel Fernández Rodríguez; e os poetas Claudio Rodríguez Fer, Carmen Blanco e Xesús Rábade Paredes

Así, nas páxinas deste volume figuran autores de tódalas fases cronolóxicas que se sucederon tras a sublevación militar de 1936, nun tributo de solidariedade para as persoas que "sufriron directa ou indirectamente a represión, a arbitrariedade e a inxustiza".

Ademais, por primeira vez, un libro recolle a "práctica totalidade dos nomes importantes da poesía galega" que produciron a súa obra a partir daqueles dramáticos momentos, até chegar ás novas voces con peso específico no século XXI.

A obra consta de tres partes: 'Memoria da guerra', 'Memoria da posguerra' e 'Memoria da memoria', cada unha delas, pola súa vez, subdividada en epígrafes relativos a aspectos máis concretos.

Coa aparición de 'Poemas pola memoria', a Consellería de Cultura "dá resposta á demanda" da literatura galega de acceder á poesía producida en Galicia contra a guerra e a represión franquista.