Xunta e Universidade da Coruña colaboran na promoción do audiovisual galego no festival Mundos Dixitais

Actualizado: viernes, 23 junio 2006 21:42

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 23 Jun. (EUROPA PRESS) -

O secretario xeral de Comunicación da Xunta, Fernando Salgado, e o reitor da Universidade da Coruña, José María Barja, asinaron hoxe un convenio de colaboración para a organización dos talleres dixitais e conferencias de promoción do audiovisual galego dentro do marco do encontro Internacional Mundos Dixitais, que se celebrará na Coruña entre o 1 e o 8 de xullo.

O festiva, que celebra este ano a súa quinta edición, reunirá aos profesionais máis destacados do mundo da animación dixital, os videoxogos e os efectos especiais de cine. Para levar a cabo a programación da edición deste ano, poranse en marcha catro espazos diferenciados: as conferencias e talleres, a zona de xogos aberta ao público, a xornada Galicia Dixital e o Festival Internacional de Animación.

Dentro da programación de Mundos Dixitais inclúese ademais o Festival Internacional de Curtos de Animación que se está a converter nun dos máis destacados do calendario anual a nivel internacional. Mostra disto son os 173 traballo de 24 países que se presentaron este entre os que foron seleccionados dez.

Dentro deste apartado, este ano concederáselle un premio especial do xurado a Calos Grangel pola súa excelente traxectoria profesional como deseñador de películas como A noiva cadáver, Madagascar ou El espantatiburones.

Unha das novidades deste ano é a celebración da xornada aberta ao público Galicia Dixital na que colabora o Clúster do Audiovisual Galego. Esta xornada mostrará as propostas máis interesantes que o sector galego ofrece dentro dos ámbitos que abrangue Mundos Dixitais. Na xornada que se celebrará o 3 de xuño, presentarase a primeira longametraxe de animación de Continental Producións, 'De profundis', de Miguel Anxo Prado, as producións estereoscópicas de Enxebre Entertainment así como a presentación da empresa Lambdastream, dedicada á televisión interactiva e ao