Un estudio cataloga por primeira vez todas as marcas de cantería das da Catedral de Santiago

Catedral De Santiago Investigación Pioneira
EUROPA PRESS/VIALACTEA
Actualizado: martes, 9 diciembre 2014 19:53

A través das marcas descubriuse que nos inicios da súa construción traballaban no templo 50 canteros

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 9 Dic. (EUROPA PRESS) -

Un estudio, recollido na publicación 'No principio: Xénese da Catedral Románica de Santiago de Compostela', cataloga e analiza por primeira vez todas as marcas de cantería que se conservan nas primeiras fases construtivas da Catedral, e que suman máis de 2.300.

A obra publicada, dirixida polo profesor de Historia da Arte da Universidade Complutense de Madrid José Luis Senra, está coeditada polo Consorcio de Santiago, Teófilo Edicións e a Fundación Catedral de Santiago. A presentación do evento contou co respaldo do rexedor compostelano, Agustín Hernández.

A publicación é o resultado dun proxecto de investigación desenvolvido por un equipo multidisciplinar, coordinado por Senra, e que está integrado por investigadores da USC e a Complutense, así como expertos en Historia da Arte da Universidade de Warwick (Reino Unido) e do CSIC.

Concretamente, céntrase nas orixes da catedral románica, entre 1070 e 1100, posiblemente o período menos estudado do templo compostelano, que se corresponde co episcopado de Diego Peláez.

No libro abórdase o contexto histórico, o culto e a cultura na Catedral compostelana no século XI, os talleres do primeiro proxecto catedralicio, xunto cos sistemas construtivos e a iconografía nas fases finais do templo.

ESTRUTURA "AMBICIOSA"

En palabras de Senra, a catedral álzase como a estrutura máis ambiciosa de cantas foron proxectadas na Península Ibérica entre os séculos XI e XII".

Segundo os investigadores, o proxecto do edificio podería chegar a mans do bispo Diego Peláez en 1075, coa chegada á cidade dos seus responsables, coñecedores da ambiciosa arquitectura iniciada en Francia.

Neste estudio confírmase que, transcorridos máis de 15 anos dende que se recibira, o proxecto inicial experimentou cambios importantes durante a edificación. Os novos sistemas organizativos de traballo e a aparición de novas solucións morfolóxicas e espaciais, apuntan a unha sofisticación do concepto orixinal. Ademais, coincide coa chegada de cualificados escultores de diversas procedencias, explican os promotores do estudio.

AS MARCAS DE CANTERÍA

Un dos aspectos máis importantes da investigación é a catalogación e interpretación, por primeira vez, de todas as marcas de cantería que se conservan nas primeiras fases construtivas da catedral, correspondentes ás zonas orientais do templo.

"Neste estudio móstrase a ampla gama de información que achega a investigación detallada das marcas de cantería no estudio dun edificio medieval", explica o autor. Ademais, engade, tamén "permite distinguir as diferentes fases construtivas, neste caso das zonas orientais da catedral, desvelan o xeito de construír edificios altamente ambiciosos que se enmarcan dentro dos inicios do estilo románico".

O total de marcas documentadas e analizadas supera as 2.300 e, con excepción dos elementos decorativos como capiteis e molduras, atópanse marcas en todas as superficies pétreas do templo.

Tal e como apuntan os investigadores, a marca de cantero é un sistema práctico para a construción de edificios grandes e complexos que requirían moita man de obra e que adoitaban contar cunha sucesión de mestres a cargo do conxunto.

Non en van, din, sen un sistema doado de comprender e reproducir por obreiros, na súa maioría analfabetos, sería "imposible" levantar un edificio da envergadura da Catedral.

"NON É CASUALIDADE"

Ao respecto, os investigadores aseguran que o feito de que os signos quedasen á vista "non é casualidade", senón que é un "testemuño dun sistema construtivo que favorecía a colocación correcta dos perpiaños".

"Un número elevado de marcas visibles indica que os canteros recibiron instrucións sobre o lado que deberían destacar o seu signo para facilitar a montaxe", engaden.

Froito deste estudio, a través de marcas individualizadas, saíu á luz a presenza dunha cincuentena de canteros nas fases iniciais da cabeceira, dirixidos por dous mestres de obra, que terían unha experiencia anterior neste tipo de construcións e buscarían talleres ou canteros formados na boa labra dunha pedra difícil de manipular como é o granito.

Entre os traballadores non profesionais, contouse con escravos, musulmáns e presos de guerra, que traballarían en labores duros que non esixían a formación de cantero, como portar pedras, area ou cal. Ao seu lado, traballaron homes e mulleres que buscaban sustento para vivir.