O Cesga e a UDC empregan un sistema de atención virtual para persoas con diversidade funcional

Actualizado: viernes, 27 junio 2008 21:48

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 27 Jun. (EUROPA PRESS) -

A Unidade Clínico Asistencial de Transtornos de de Espectro Autista e Xerais do Desenvolvemento (UCATEA) da Universidade da Coruña (UDC) traballa na avaliación e intervención dirixida a mellorar a calidade de vida dun grupo de familias con persoas con diversidade funcional.

Para iso, seleccionouse unha mostra inicial de varias familias situadas en distintas localidades dentro das provincias da Coruña e Lugo. As diferentes familias formáronse para a utilización do ámbito virtual e dotáronse dun equipo informático e conexión a internet de alta velocidade para que así puidesen entrar e ter acceso aos servizos que dende a universidade a le ofertan.

Isto pódese realizar grazas ao emprego dun contorno virtual deseñado polo Area de learning do Centro de supercomputación de Galicia (Cesga), da Consellería de Innovación, en colaboración coa universidade, co que se facilita a realización de actividades relacionadas con todas as dimensións de calidade de vida familiar.

Nos últimos meses os profesionais da Universidade da Coruña están realizando un proceso de avaliación das diferentes dimensións da calidade de vida deste colectivo. Proximamente levarase a cabo un programa de atención familiar a través do uso do contorno virtual.