A Coruña acollerá o martes unha xornada para dar a coñecer aos empresarios as vantaxes do software libre

Actualizado: sábado, 11 octubre 2008 19:59

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 11 Oct. (EUROPA PRESS) -

A Coruña acollerá o próximo martes, 14 de outubro, unha xornada organizada pola Asociación Galega de Empresas de Software libre, para dar a coñecer aos empresarios as vantaxes de traballar con tecnoloxías "libres e abertas".

Durante a xornada do martes terá lugar un ciclo de charlas dirixido a xerentes, responsables de finanzas e estratexias, nas que expertos en informática incidirán nas vantaxes das tecnoloxías libres.

A cita, baixo o título 'Software libre contra a crise' terá lugar no salón de actos da Cámara de Comercio de A Coruña a partir das 19.30 horas. Os interesados en acudir ás charlas poden inscribirse de forma gratuíta no teléfono 981 21 60 72.