O decreto de eficiencia permitirá coñecer todo o consumo enerxético da vivenda comprada

Actualizado: jueves, 19 junio 2008 22:29

Táboas afirma que Galicia será a primeira comunidade en emitir un certificado de eficiencia enerxética cun rexistro público

OURENSE, 19 Jun. (EUROPA PRESS) -

A conselleira de Vivenda e Solo da Xunta de Galicia, Teresa Táboas, asegurou hoxe que o decreto de eficiencia enerxética permitirá coñecer o consumo enerxético da vivenda comprada durante toda a súa vida.

Teresa Táboas manifestou que están "a punto de aprobar" o decreto de eficiencia enerxética porque "se atopa na última fase". Tras a súa aprobación, sinalou que Galicia será a "primeira comunidade do Estado" onde se "emitirá un certificado de eficiencia enerxética" cun "rexistro público" para que "aquelas persoas que compre unha vivenda saiban qué consumo enerxético terá ao longo da súa vida"

A titular de Vivenda sinalou que será "importante" porque "cando compra un televisor se sabe cál é o consumo" e, non obstante, "non se sabe cánto vai consumir a vivenda en auga quente ou calefacción". Por iso, insistiu en que "é un dato importante que estará en vigor" a partir do decreto".

Teresa Táboas realizou estas declaracións no Campus de Ourense onde inaugurou a '3 Conferencia Ibérica de Sistemas e tecnoloxías de Información'.

Por outra banda, a conselleira de Vivenda recordou que o "decreto de habitabilidade está en vigor dende o mes de abril" e "xa houbo dúas reunións do Comité Asesor de Habitabilidade e xa hai mesmo un plan sobre o que hai que informar", polo que "xa está en marcha".

PROMOTORES.

Teresa Táboas indicou que en Galicia "hai excelentes promotores que apostan" pola calidade nas vivendas" e "outros que non que ven que se pode minguar o o seu beneficio".

Con todo, a responsable da carteira de Vivenda no Goberno da Xunta sinalou que é unha "norma feita polo Goberno galego pensada para beneficiar aos galegos e nunca para prexudicar a ninguén".

"A vivenda é o maior inversión que fai a maior parte da poboación e temos que darlles uns mínimos de calidade", reiterou Teresa Táboas.

A conselleira de Vivenda e Solo analizou na inauguración da '3 Conferencia Ibérica de Sistemas e Tecnoloxías de Información' en xeral a "evolución dos sistemas informáticos e a súa influencia no feito arquitectónico".