Touriño dá a benvida a Galicia ao cosmonauta ruso Sergei Krikalev, que asistirá á Noite das Telecomunicacións

Actualizado: jueves, 6 noviembre 2008 19:31

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 6 Nov. (EUROPA PRESS) -

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, deu hoxe a benvida ao cosmonauta ruso Sergei Krikalev, que asistirá mañá á Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información.

O cosmonauta ruso visita a Comunidade galega invitado polo Colexio Oficial e Asociación de Enseñeiros de Telecomunicacións de Galicia o operador público de telecomunicacións galego Retegal S.A..

Sergei Krikalev (San Petersburgo, 1958) conseguiu a marca na madrugada do día 16 de agosto de 2005 e acumula neste momento 803 días, 9 horas e 39 minutos no espazo, xunto con 8 paseos espaciais, superando a Sergei Avdeyev, que tiña no seu palmarés ata entón a marca de 748 días.

Ademais, estivo 311 días a bordo da estación espacial Mir entre 1991 e 1992 ao tempo que caeu a Unión Soviética, polo que ao aterrar foi coñecido por moitos como "o último cidadán da URSS".

Krikalev foi o primeiro ruso en voar nunha misión do transbordador espacial e a súa dilatada carreira profesional fíxoo merecedor do título de Heroe da Unión Soviética. Tamén conta co título francés de Oficial da Lexión de Honra e o do Heroe da Federación Rusa.

Así mesmo, en 1994 e 1998 foi galardoado coa medalla de voos espaciais da NASA e o 15 de febreiro de 2007 foi nomeado vicepresidente de Energia Rocket and Space Corporation, ao cargo de voos espaciais tripulados.