Outros 12 positivos detectados elevan a 59 os casos do brote de COVID na Mariña

Actualizado: viernes, 3 julio 2020 12:47

   LUGO, 3 Jul. (EUROPA PRESS) -

   Outros 12 casos positivos de COVID-19 detectados no marco do brote da Mariña elevan a 59 os afectados, dous dos cales permanecen ingresados no Hospital Público da Mariña con "evolución favorable".

   Así o informou este venres a área sanitaria de Lugo, que indicou que as probas realizadas até o momento confirmaron outros 12 casos positivos detectados pola Plataforma de Vixilancia e Control Epidemiolóxica e polos servizos de Medicina Preventiva e Saúde Pública do Sergas.

   O primeiro caso de infección por COVID-19 deste brote detectouse na tarde do martes 23 de xuño no municipio de Xove. A partir desa confirmación inicial fíxose un rastrexo e analizáronse todos os contactos das persoas que se viron afectadas.

   Neste sentido, incidiron por parte da área sanitaria de Lugo que "desde a detección do primeiro positivo activouse de forma inmediata o protocolo de seguimento e realizáronse as probas PCR a todos os contactos estreitos das persoas que deron positivo".

   Respecto diso, recalcou que estas actuacións "se seguen desenvolvendo nestes momentos" pois, tanto a Consellería de Sanidade como o Sergas, "seguen investigando e rastrexando todos os contactos dos novos positivos", así como adoptan "todas as medidas necesarias para o eficaz control do brote", matiza.

HOSPITALIZADOS

   As mesmas fontes concretaron que dos 59 casos positivos a maioría "son asintomáticos ou presentan síntomas de carácter leve" e "teñen a obrigación de gardar corentena durante 14 días".

   Pola súa banda, dúas persoas con positivo neste brote seguen ingresadas no Hospital da Mariña e "a súa evolución é favorable", indicaron as mesmas fontes. Mentres, as persoas cuxas probas obtuvueron resultado negativo permanecen en seguimento no seu domicilio, "asesoradas pola Plataforma de Vixilancia Epidemiolóxica e os servizos de Medicina Preventiva e Saúde Pública".

POSIBLES CONTACTOS

   A Consellería de Sanidade subliñou que segue investigando "posibles contactos dos novos positivos que van xurdindo". Ademais, insistiu en que "actuou e segue actuando con absoluta dilixencia e rapidez desde o primeira momento en que se detectou un caso positivo, co fin de controlar e acoutar canto antes o brote".

   Sanidade incidiu en que tanto o Hospital Público da Mariña como os centros de saúde da comarca "realizan un esforzo importante para detectar calquera novo caso e, ademais, dunha forma moi rápida para acoutar cando antes o brote".

   O Sergas subliña o "correcto funcionamento dos protocolos de vixilancia e control" e lembra á cidadanía a necesidade de continuar coas "medidas hixiénico-sanitarias establecidas desde o inicio da pandemia do coronavirus", en especial as máscaras, a distancia de seguridade e a hixiene de mans.