Rescatan ao condutor dun coche tras quedar atrapado baixo un camión en Foz (Lugo)

Publicado: lunes, 27 enero 2020 19:23

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 27 Ene. (EUROPA PRESS) -

Efectivos de bombeiros rescataron na a tarde deste luns ao condutor dun coche que quedou atrapado debaixo dun camión no termo municipal de Foz, segundo informou o 112 Galicia.

O sinistro produciuse pasadas as dúas desta tarde, na estrada que une O Santo con San Martiño e a causa do impacto o turismo quedou encaixado nos baixos do outro vehículo. Foi o condutor do camión quen realizou a chamada ao servizo de emerxencias para pedir axuda para o único ocupante do coche.

Desde o 112 pasouse o aviso a Bombeiros de Barreiros e ao 061, que contaron co apoio do GES de Cervo, voluntarios de Protección Civil e da Garda Civil de Tráfico. Unha vez liberado, o ferido foi evacuado en ambulancia ao Hospital da Costa, en Burela.