Actualizado 04/07/2006 22:10

O cuarteto Roberto Somoza ofrece mañá un concerto de jazz no marco do V Festival de contrabaixo 'Ludwig Streicher'

Galicia Actual

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 4 Jul. (EUROPA PRESS) -

O Cuarteto Roberto Somoza protagonizará mañá o primeiro dos concertos incluídos no programa de actividades paralelas do V Festival de Contrabaixo "Ludwig Streicher", que se desenvolve dende onte e até o vindeiro día 10 na Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), en Santiago de Compostela.

Nun comunicado, o EAEM sinalou que o Festival de Contrabaixo será o marco doutros tresconcertos a cargo do Dúo Cordófonos e dos alumnos quee stán a asistir as sesións lectivas, acompañados polos pianistas Lorenzo de los Santos e Ángel Gago. Abertas ao público xeral e de entrada libre, estas actuacións celebraranse no auditorio da EAEM.

No mesmo espazo, acollese tamén o programa de conferencias, que continuará o día 6, ás 13.00 horas, cun relatorio sobre a construción de arcos no século XXI a cargo dos luthiers Bernd e Michael Dölling.