Actualizado 10/07/2006 21:10

Innova.- R ultima a posta en marcha de dúas canles de televisión interactiva á carta ou 'on demand'

Galicia Actual

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 10 Jul. (EUROPA PRESS) -

R, en colaboración con Filmanoma, ultima a posta en marcha de dúas canles de televisión interactiva á carta ou 'on demanda', unha de cine e ocio audiovisual e outra de formación didáctica. Ademais, estudia a posibilidades de adecuación destas canles a sistema de televisión vía Internet ou vía móbil.

A dixitalización da cabeceira de televisión de R abriralle as postas a novos servizos televisivos que lle permiten ao espectador seleccionar contidos ou modificar os que lle cheguen ao receptor. Ao longo deste ano o operador galego de comunicacións por fibra óptica traballa no despregamento destes novos servizos interactivos. O proceso completarase en 2007.

Unha das primeiras vantaxes que terá o novo sistema será o aumento do número de canles temáticas, ata 110 de televisión e 25 de audio, polo que os clientes de R disporán dunha oferta moito máis completa e variada onde poder elixir.

A tecnoloxía dixital tamén posibilitaralles aos clientes de R recibir programas con maior resolución, con imaxes moito máis nítidas e cun son de mellor calidade, Dolby 5.1 incluído. O novo sistema inclúe a capacidade de emitir a televisión de alta definición ou HDTV, no que as imaxes e o son teñen calidade de cine.

Entre os novos servizos que se ofrecerán gracias á televisión dixital interactiva figura o video baixo demanda, que permitirá aos clientes ver cando o desexen calquera contido de vídeo ou audio, acceder a unha lista de títulos para dispoñer deles de maneira inmediata, deter e rebobinar as proxeccións ou acceder a cursos multimedia de calidade e mesmo escoller os contidos dos informativos, adaptándoos ás súas preferenzas.

No proceso de dixitalización da cabeceira de televisión de R inclúese así mesmo o acordo con Nagravisión, líder mundial na subministración de solucións para a protección de contidos, con fin de desenvolver o Sistema de Acceso Condicional da rede de televisión dixital.

Este sistema controla o acceso aos servizos de xeito que tan só o que está subscrito a eles poida velos. Isto conséguese mediante a combinación dun complexo descodificador que cifra o sinal e unha tarxeta de usuario, o que reforza aínda máis a protección de contidos ante a pirataría.

Ademais, este modelo permite o envío de mensaxes personalizadas de texto, así como a posibilidade de facer compras a través da televisión, actividades que con este innovador sistema pódense levar a cabo coas mellores condicións de seguridade para o cliente.

Por outra banda, a través da guía electrónica de programación, os clientes de R poderán navegar entre todas as canles e cun so mando a distancia seleccionar o tipo de programa, obter información en tempo real sober os contidos que están vendo ou consultar horarios de emisión, entre outras couas. Isto é posible grazas a que o sinal de datos se emite pola liña telefónica -e o seu conseguinte custo- como ocorre, por exemplo, no caso dos servizos por satélite ou TDT.