Actualizado 16/07/2006 17:56

Máis de 3.500 persoas visitaron a mostra 'Nazón de Breogán' dende a sua inauguración o 27 de xuño

Galicia Actual

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 16 Jul. (EUROPA PRESS) -

Máis de 3.500 persoas visitaron a exposición 'Nazón de Breogán', promovida por la Vicepresidencia da Xunta, dende que fora inaugurada o pasado 27 de xuño na Fundación Caixa Galicia de Santiago, o que supón que cada día acudiron á sala uns 200 visitantes.

A boa acollida da mostra refléxase tamén no feito de que a Xunta terá que realizar unha nova edición dos catálogos sobre a exposición, xa que os 4.000 que foron impresos inicialmente están prácticamente esgotados.

'Nazón de Breogán' permanecerá na Fundación Caixa Galicia ata o 10 de setembro para percorrer posteriormente as sete grandes cidades galegas ata o 28 de xuño de 2007. Nembargantes, ante o éxito da mostra, Vicepresidencia decidiu organizar un novo programa itinerante a maiores.

Deste xeito, realizarase unha versión tamaño reducido de todas as pezas para que poidan ter cabida tamén nos distintos centros culturais de vilas e pobos de toda Galiza. Nese senso, todos os concellos galegos recibirán unha invitación formal para acoller a mostra.

Así mesmo, durante o vindeiro curso distribuirase en colexios e institutos un catálogo e carteis das pezas que compoñen a exposición a fin de que os escolares galegos tamén poidan coñecer a mostra.