O alcalde de Pontevedra avanza que o novo orzamento municipal será "o mellor con diferencia" na historia da cidade

Actualizado: miércoles, 1 marzo 2006 22:01

PONTEVEDRA, 1 Mar. (EUROPA PRESS) -

O alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores, avanzou hoxe que os orzamentos do concello que BNG e PSOE presentarán a finais desta semana serán "os mellores con diferencia" na historia da cidade no aspecto inversor, y confirmou que o vindeiro lun, as contas levaranse á comisión de Goberno para o seu debate coa oposición, tal e como estipula a Lei de Grandes Cidades.

En declaracións aos medios trala inauguración do Complexo Deportivo Rías do Sur, Fernández Lores destacou que é "moi importante" que estes orzamentos --que no capítulo inversor se achegan aos 27 millóns de euros-- permitan que o concello non se endebede, sen descartar a posibilidade de "pedir máis crédito se é necesario".

O rexedor local explicou que entre as previsións que manexan figura continuar coa reforma urbana e coa conexión do río Lérez coa cidade. Tamén destacou a aposta polas obras de construcción da nova facultade de Belas Artes no campus da Xunqueira, o que permitirá ao concello dispoñer de novas dependencias municipais no edificio de San Fernando que quedará libre.

No apartado deportivo, o alcalde referiuse á dotación de un millón de euros máis para a reforma do Estadio de Pasarón, que se suma aos dous millóns de euros consignados nos anteriores orzamentos, así como a mellora do Pabillón de Deportes. Por último, tamén considerou importante o investimento en zonas verdes e medio ambiente.