A Axencia para a Calidade do Sistema Universitario convértese na segunda en obter o certificado acreditativo da calidade

Actualizado: lunes, 24 abril 2006 20:56

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 24 Abr. (EUROPA PRESS) -

A Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) converteuse na segunda do Estado, despois da catalana, que obtén o certificado acreditativo para a xestión da calidade o obxectivo de incidir na "mellora continua" das actividades realizadas e promover unha labor "máis efectiva".

Así o destacaron hoxe na presentación da 'Implantación do Sistema de Xestión da Calidade según a norma ISO 9001:2000 na Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia', nun acto presidido polo director Xeral de Ordenación e Calidade do Sistema Universitario, José Ramón Leis Fidalgo; ao que asistiron o presidente do Consello de Dirección da ACSUG, Manuel Cecilio Díaz y Díaz; Julio Abalde Alonso, director de la ACSUG; así como o director rexional de Applus, Evaristo Gómez Cochón.

A Xunta de Galicia e as tres universidades do Sistema Universitario de Galicia (SUG) estableceron un consorcio para a creación da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, mediante a Resolución do 12 de Marzo de 2001, publicada no DOG do 5 de abril de 2001, polo que a ACSUG ten personalidade xurídica propia.

A ACSUG serve de soporte para garantir e mellorar a Calidade dos servizos prestados polas universidades do SUG, e, polo tanto, ten unha "gran responsabilidade" social xa que hai un gran colectivo de persoas que dependen, en certa medida, das súas actividades.

Por iso, decidiuse implantar na ACSUG un Sistema de Xestión de Calidade segundo a norma UNE-EN-ISO 9001:2000 tendo como obxectivos fundamentais; incidir na mellora continua das actividades realizadas, realizar unha labor máis efectiva e medir e aumentar a satisfacción dos usuarios e colectivos implicados no SUG.

Tamén a implantación so Sistema de Xestión da Calidade aposta por adaptar os servizos ás necesidades e situacións sociais cambiantes, e fomentar a cultura da calidade no ámbito do ensino superior.

O alcance do Sistema de Xestión de Calidade implantado na ACSUG céntrase no apoio á certificación de unidades administrativas do SUG, a tramitación de complementos retributivos autonómicos e avaliación e informe de profesorado, así como a avaliación de titulacións, programas e servizos do Sistema Universitario de Galicia.