O BNG pide "depurar xa" todas as responsabilidades con "independencia da afiliación política"

Actualizado: sábado, 4 julio 2015 1:54

A CORUÑA, 27 Sep. (EUROPA PRESS) -

O BNG ve "necesario" que se "depuren xa" todas as responsabilidades de todas as persoas implicadas na trama Pokémon "caia quen caia e con independencia da afiliación política".

Estas declaracións prodúcense tras o levantamento de parte do segredo sumarial da trama Pokémon por parte da xuíza do Xulgado de Instrución Número 1 de Lugo, Pilar de Lara.

E é que a formación frentista, que sostén que "dende o principio solicitou máxima colaboración" coa xustiza", pide que se "envíe ao xulgado toda a documentación do Concello (de A Coruña) en relación con Vendex e que se depuren todas as responsabilidades". "Con independencia das persoas e das organizacións políticas e caia quen caia", precisou o Bloque.

Neste sentido, Vixilancia Aduaneira constatou que o delegado de Vendex en Galicia, José María Tutor, contratou unha muller para traballar como conserxe na Ágora atendendo "a recomendación de Miguel Lorenzo", concelleiro de Servizos Sociais do Concello de A Coruña, o que "constitúe unha actividade presuntamente delituosa de, polo menos, tráfico de influencias".

Leer más acerca de: