A compañía búlgara Teatro de Títeres Kalina presenta mañá na Sala Yago en Santiago a súa versión de 'Os Tres Porquiños'

Actualizado: sábado, 25 febrero 2006 20:42

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 25 Feb. (EUROPA PRESS) -

A compañía búlgara Teatro de Títeres Kalina presentará mañá domingo, ás 12.30 horas, na Sala Yago, en Santiago de Compostela, a súa versión de 'Os Tres Porquiños'.

Trátase dun especátculo de títeres de luva e variñas recomendados para maiores de catro anos cos que disfrutar unha vez deste conto clásico, segundo avanzou a organización.

A obra conta a historia do lobo que escapa do zoo e comeza a facer feitorías, e comeza co pinchazo das rodas dun camión transportador de porcos e, mentres arranxan os neumáticos, tres porquiños saen do camión atraídos polo cebo do lobo.

Os tres porquiños fican perdidos no bosque e terán que defenderse do poder destructivo do lobo. Todo dependerá da construcción da súa casiña e da capacidade de defensa personal.