O Concello de Oleiros (A Coruña) admite 107 das 203 solicitudes de praza para una das tres escolas infantis do municipio

Actualizado: martes, 1 agosto 2006 20:44

A CORUÑA, 1 Ago. (EUROPA PRESS) -

O goberno local de Oleiros (A Coruña) abriu dende hoxe, e ata o vindeiro día 18, o prazo de matriculación para os alumnos admitidos nas tres escolas infantís de titularidade municipal ubicadas no concello. Das 203 solicitudes presentadas resultaron admitidas 170, mentres que 22 permanecen en lista de espera e 11 tiveron que ser desestimadas ó non reunir os beneficiarios os requisitos esixidos ou incumprir os prazos habilitados.

Os pais e titores dos solicitantes deberán acudir, dentro do citado período, ós respectivos centros onde demandaron praza para formalizar a correspondente matrícula era concretar os horarios e servizos que precisen en cada caso. De non facelo así, procederase á anular dita adxudicación perdendo o dereito de optar á escolarización dos seus fillos nas instalacións municipais durante o curso 06/07.

Por outra banda, as solicitudes entregadas fóra de prazo, logo do pasado 24 de maio, resolveranse unha vez remate o tempo de matrícula e se coñeza o nivel de ocupación en cada un dos niveis educativos das escolas.

As listas definitivas de alumnos admitidos, excluídos e en espera están expostas dende o pasado luns nos taboleiros de anuncios da Casa Consistorial de Oleiros e nas respectivas escolas municipais para coñecemento público dos interesados. Asimesmo, procederase á súa publicación na páxina web municipal coa finalidade de facilitar o acceso á información a un maior número de veciños dun xeito "máis áxil, cómodo e rápido".