O Consello Asesor de Telecomunicacións e Audiovisual de Galicia celebrará o luns un pleno ordinario

Actualizado: viernes, 24 marzo 2006 19:16

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 24 Mar. (EUROPA PRESS) -

O Consello Asesor de Telecomunicacións e Audiovisual, máximo órgano da Xunta en materia de telecomunicacións e audiovisual de Galicia, celebrará o vindeiro luns en Santiago de Compostela un pleno ordinario.

Entre as funcións deste órgano, están las de propoñer medidas no ámbito das telecomunicacións e do audiovisual, emitir informes sobre as liñas estratéxicas, proxectos e demais temas relacionados co sector, así como de arbitraxe na resolución de conflictos que se lle sometan, todo isto amparado na Lei 6/1999 do Audiovisual de Galicia e os seus decretos de regulación.

Este Consello, adscrito sen prexuízo da súa independencia funcional á Secretaría Xeral de Comunicación da Xunta de Galicia, pode funcionar en pleno (alomenos unha convocatoria ao ano), en comisión permanente (dúas veces ao ano) ou en comisións sectoriais, que se crean no seno da comisión permanente com órganos de traballo especializados.

O pleno que se reunirá o vindeiro luns está formado por 106 membros, representantes de todos os sectores, entidades e asociacións relacionadas co mundo das telecomunicacións e audiovisual de Galicia (administración autonómica e local, universidades, sindicatos, operadores de servizos, medios de comunicación ou persoeiros de recoñecido prestixio).

Presidido polo titular da Xunta, Emilio Pérez Touriño, conta nas súas catro vicepresidencias cos responsables da Secretaría Xeral de Comunicación, as consellerías de Cultura e Deporte e de Innovación e Industria e da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual.