O Consello de Goberno do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural reúnese mañá no Campus de Lugo

Actualizado: miércoles, 1 febrero 2006 19:43

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 1 Feb. (EUROPA PRESS) -

O Consello de Goberno do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (Ibader) reúnese mañá xoves, día 2, ás 18.00 horas na Sala de Prensa da Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo.

Á xuntanza asistirán o reitor da Universidade de Santiago (USC), Senén Barro; o director xeral de Investigación Tecnolóxica e Formación Agroforestal, Gonzalo Flores; o delegado provincial de Conservación do Medio Rural, Emilio López, o presidente do Inludes, Francisco Cacharro; e o director do Ibader, Pablo Ramil Rego, entre outros.

O Ibader ten como obxectivos fundamentais estudar a implantación de novas posibilidades de desenvolvemento rural en Galicia mediante a investigación en biodiversidade e a introdución de bosque, cultivos e gandaría das zonas temperadas e subtropicais, así como propiciar a apertura de novos mercados de traballo para os alumnos das titulacións agrarias.