A Coruña acolle mañá a preestrea de 'Un franco, 14 pesetas', que narra a realidade da emigración a Europa nos 60

Actualizado: martes, 2 mayo 2006 22:52

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 2 May. (EUROPA PRESS) -

A Coruña acolle mañá a prestrea en España da longametraxe 'Un Franco, 14 pesetas', dirixida e interpretada no seu rol principal por Carlos Iglesias, quen afronta con esta obra realizada entre Suíza i España a súa opéra prima, na que narra a experiencia dos millóns de españois que emigraron nos anos 60 a outros países.

A idea do guión xurdiu cando hai catro anos comezaron a chegar a España as primeiras familias de inmigrantes, de xeito que o director pretende facer reflexionar ao espectador acerca da condición de "ex emigrantes" e de conmover a a sensilbilidade de ter sido estranxeiros.

Así, no filme, Pablo --Carlos Iglesias na realidade-- é fillo de emigrantes que parten a Suíza nos 60 buscando un futuro mellor nun marco de liberdade e de respecto ás diferencias. Marcadamente autobiográfica, a película é unha renovada mirada da historia "non contada" sobre a emigración a un país nese momento responsable da reconstrucción do vello continente, tras décadas do fin da II Guerra Mundial, e que acolleu a unha man de obra moi nova e na maior parte dos casos escasamente ilustrada e con poucos recursos.

'Un Franco, 14 pesetas' sorprendeu aos críticos e ao público no recente Festival de Cinema de Málaga, no que foi galardoada con tres premios, o de Mellor fotografía, o Mellor guión novel e o premio do Público.