Cultura afronta o 2006 como 'Ano da Memoria', co obxectivo de render homenaxe aos represaliados na Guerra Civil

Actualizado: domingo, 1 enero 2006 13:52

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 1 Ene. (EUROPA PRESS) -

A Consellería de Cultura centrará os seus esforzos durante o 2006 no programa de actividades do 'Ano da Memoria', co que agarda que este sexa o ano que marque o inicio da recuperación da memoria histórica, coa celebración de homenaxes e a restauración cidadá dos represaliados durante a Guerra Civil.

'2006 Ano da Memoria' agrupará unha ampla programación temática en torno ao 70 aniversario do inicio da Guerra Civil en Galicia. Segundo o departamento que dirixe Ánxela Bugallo, eses actos porán fin ao silenzo que ata o de agora "arrastran moitos fillos, netos e familiares daqueles que un día defenderon os dereitos de todos e pagaron un alto prezo por elo, ou daqueles que viviron unha vida sesgada polo medo á dictadura".

Cultura afronta 2006 como un ano "para o debate de ideas, para compartir experiencias, para profundizar nas formas de convivencia pacífica e trasladar a todos a riqueza que significa ser capaces de colocar por fin a esas persoas no lugar do mundo e da historia que merecen".

Deste xeito, está previsto que a Illa de San Simón, na ría de Vigo, sexa un dos lugares de referencia na conmemoración e lembranza do "exemplo ético e o compromiso democrático de millares de cidadáns exemplares que viron a súa vida truncada a partir de xullo de 1936".

CENTRO DA MEMORIA

Así, nesta illa está previsto crear o Centro para a Memoria, destinado a coordinar as actividades de investigación e a difusión da memoria histórica. Entre os obxectivos deste centro destaca o de crear e custodiar un archivo da memoria, acoller exposicións, conferencias, xornadas e congresos, así como a relación e apoio a asociacións que naceron para recuperar a memoria histórica e asesorar ás víctimas e aos seus familiares.

Cultura considera que Galicia necesitaba un centro destas características e asegura que boa parte das actividades do Ano da Memoria se desenvolverán vinculadas a este espacio. Todos os actos estarán coordinados pola Comisión pola Memoria, que terá carácter permanente e estará vinculada ao centro ubicado na Illa de San Simón.

Para o primerio trimestre de 2006 está previsto crear un Consello da Memoria, que funcionará como un órgano de participación de todos os colectivos relacionados coa recuperación da memoria histórica e tamén permitirá a adscripción persoal. A finalidade é que serva como un medio de cooperación e intercambio de información entre as diversas asociacións e a Consellería de Cultura.

Asemade, para xullo de 2006, coincidindo co alzamento militar, inaugurarase unha gran exposición que traerá ao presente os acontecementos da época, baixo a premisa de que "as feridas só se curan cando se coñecen". Tamén está previsto habilitar unha web en internet, denominada 'Portal para a Memoria', que permitirá difundir todas as actividades e as accións de recuperación da memoria dos represaliados polo franquismo.