Cultura destina 320.000 euros a apoiar actividades de conservación e promoción dos camiños de Santiago

Actualizado: viernes, 5 mayo 2006 21:55

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 5 May. (EUROPA PRESS) -

As empresas privadas e as entidades que realicen accións a prol dos Camiños de Santiago poderán beneficiarse con axudas de ata 20.000 e 12.000 euros respectivamente. A Consellería de Cultura e Deporte vén de abrir o prazo para subvencionar actuacións encamiñadas a conservar e promover os Camiños de Santiago.

En total Cultura dispón de 320.000 euros para apoiar actividades de conservación, protección, promoción, investigación e recuperación dos camiños de Santiago. A liña de axudas para asociacións, fundacións e institucións ascende a 200.000 euros e para empresas privadas, a 120.000.

Os interesados que queiran beneficiarse destas axudas teñen de prazo ata o día 30 deste mes e poden conseguir a convocatoria no DOG do día 26 de abril -referida ás empresas- e no do 25 de abril -para as entidades-.

Entre outra documentación, deberán entregar unha proposta de actividades. Na avaliación das solicitudes terase en conta a repercusión cultural e social do proxecto, a continuidade no tempo, o interese patrimonial e de difusión e a contía total de achegas económicas.