O embaixador da República Checa en España reunirase mañá con alumnos de Ciencias Políticas da Universidade de Santiago

Actualizado: miércoles, 19 abril 2006 21:51

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 19 Abr. (EUROPA PRESS) -

O embaixador da República Checa en España, Martin Kosatka, visitará mañá xoves a Universidade de Santiago (USC) e, entre outros actos, reunirase con alumnos da Facultade de Ciencias Políticas da Universidade de Santiago (USC).

A axenda do embaixador comezará cun encontro co reitor da USC, Senén Barro, que o recibirá ás 10.15 horas no seu despacho de San Xerome e logo, pola tarde, manterá unha xuntanza con alumnos.

A reunión da tarde terá lugar ás 16.15 horas no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais. Martin Kosatka tratará cos asistentes non só actualidade da República Checa, senon tamén a integración e outras cuestións relacionadas cos países de centro e Este de Europa.

Nestes actos, o embaixador checo en España estará acompañado pola profesora de checo e ruso do Centro de Linguas Modernas da USC, Katerina Vlasakova.