Expertos auguran unha "influencia decisiva" dos 'blogs' coma "nova ferramenta democrática" nas próximas municipais

Actualizado: miércoles, 19 abril 2006 20:45

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 19 Abr. (EUROPA PRESS) -

Expertos en blogs avanzaron hoxe a posibilidade de que os cadernos de bitácora virtuais poidan ter unha "influencia decisiva" nas eleccións municipais da vindeira primavera, posto que constitúe "unha nova ferramenta demócratica".

Así o manifestaron en declaracións a Europa Press un dos subdirectores de codigocero.com, Marcus Fernández, e o director de culturagalega.org e organizador do encontro 'EnBlogs'06.Encontro de Blogs de Galicia e Portugal', Manuel Gago, que recordaron que, nos últimos tempos, os políticos empregan as bitácoras como instrumento de difusión electoral.

Fernández explicou que esta forma de comunicación poderá derivar en consecuencias "positivas o negativas" e, por iso, advertiu de que os candidatos deberán ter en conta a súa existencia. "Unha abstención poderá converterse nun voto en contra ou a favor", explicou.

Deste xeito, indicou que "se abre un espazo para o debate directo cos políticos" que, ademais, constitúe unha forma de facer un "chamamento á conciencia social" que pode pontenciar o voto da xente nova, "o máis complicado de captar", según recordou un dos subdirectores de codigocero.com.

ECONTRO DE BLOGUEIROS

Pola súa banda, Gago salientou a "importancia" de EnBlogs'06, que se celebra hoxe en Santiago de Compostela, xa que é o primeiro que se enmarca no ámbito institucional, e destacou que se trata dunha reunión "para a comunidade de blogueiros", dado que "a maioría" dos asistentes poseen un caderno de bitácora.

Ademais, Gago explicou a Europa Press que os blogs "revelan afeccións que de outro xeito non se coñecerían" e que "ofrecen unha porta a temas que non se topan na rúa", polo que rexeitou a idea de que os blogueiros constitúan un "colectivo de xente rara".

'EnBlogs' acolleu hoxe a participación de distintos expertos do mundo das bitácoras, entre os que figurou o sociólogo Fernando Garrido, quen sinalou na súa intervención que aínda que "a explosión dos blogs en Galicia aínda no se produciu", ésta "podería ter lugar o vindeiro ano".

PERFIL DOS BLOGUEIROS Segundo os datos presentados por Garrido tras unha enquisa feita aos blogueiros galegos, o perfil responde a unha persoa entre os 15 e os 29 anos, case paritaria entre homes e mulleres, cunha experiencia na rede de alomenos cinco anos.

Entre os motivos que levan á iniciación dos blogs, Garrido sinalou que a enquisa recolle a "necesidade de expresarse libremente" e a de "compartir coñecementos". Asemade, destacou que a aparición de este fenómeno "dá conta da madurez da sociedade", que se transforma en "activa e productora".

Por outra banda, unha investigadora do Grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela, Silvia Canabal, sinalou que o 69 por cento dos blogs que existen en galego se crearon en 2005 e, ademais, destacou que "existe pouca diversidade temática" e que ésta "adoita centrarse na creación literaria ou de diario".

O encontro, que se pode seguir a través da páxina oficial do evento, www.consellodacultura.org/enblogs/, acolle o intercambio de experiencias entre os profesionais e os afeccionados dos blogs galegos e portugueses.

Así, EnBlogs'06 constitúe un encontro que "pretende profundizar na aplicación das tecnoloxías da información e a comunicación", así como "incentivar a cooperación e o traballo conxunto" coa comunidade protuguesa, segundo explicou o presidente do Consello da Cultura Galega, Alfonso Zulueta, na presentación do evento.