Extinguido un incendio que queimou 32 hectáreas en Avión (Ourense)

Incendio Forestal En Vilariño De Conso, Ourense (Galicia)
REUTERS/MIGUEL VIDAL
Actualizado: sábado, 10 marzo 2012 19:28

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 10 Mar. (EUROPA PRESS) -

A Consellería do Medio Rural e do Mar informou este sábado de que quedou extinguido un incendio forestal que queimou, segundo as estimacións provisionais, 32 hectáreas no concello ourensano de Avión.

Nun comunicado, o departamento que dirixe Rosa Quintana sinalou que o lume se declarou na parroquia de Barroso cara ás 21.20 horas do venres. Quedou controlado ás 12.00 horas deste sábado e finalmente extinguido ás 14.15 horas.

Nos labores de extinción traballaron un técnico, tres axentes forestais, nove brigadas, sete motobombas, unha pa, dous helicópteros e un avión.