A Facultade de Xeografía e Historia acollerá o mércores unha mesa redonda sobre a Galicia da época de Jesús Bal y Gay

Actualizado: domingo, 26 febrero 2006 20:29

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 26 Feb. (EUROPA PRESS) -

A Aula Magna da Facultade de Xeografía e Historia acollerá o mércores 1 de marzo unha mesa redonda sobre a Galicia na época do músico lucense Jesús Bal y Gay.

O acto, que moderada polo profesor José Luis Barreiro Rivas, contará coa participación de Jesús Alonso Montero, Ramón Villares Paz, Carlos Valle Pérez e Carlos Villanueva Abelairas.

Baixo o título 'Cultura, política e pensamento na Galicia de Jesús Bal y Gay, 19051993', a mesa redonda se desenvolverá a partir das 20.00 horas, segundo informou a Universidade de Santiago (USC).

Esta actividade forma parte dos actos previstos pola Sociedade Estatal de Conmemoracións Culturais (SECC), a USC, a Xunta, a Residencia de Estudiantes, e Lugo Cultural para conmemorar o primeiro centenario do nacemento do músico lucense.