A Federación de Libreiros de Galicia amosa o seu apoio a Díaz Pardo pola "inxusta situación" que atravesa en Sargadelos

Actualizado: lunes, 31 julio 2006 22:57

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 31 Jul. (EUROPA PRESS) -

A Federación de Libreiros de Galicia amosa o seu apoio ao artista e galeguista Isaac Díaz Pardo pola "inxusta e incomprensible" situación que atravesa na empresa cerámica Sargadelos, da que foi apartado hai unhas semanas.

Nun comunicado, a Federación de Libreiros transmítelle o seu "afecto e gratitude" e pide "con forza", a quen competa, "respeto e xustiza" para unha das figuras "máis senlleiras da cultura galega". Así, lembrou a súa "creatividade incansable" con Galicia e co galego.

"Os libreiros queremoslle agradecer, especialmente, a aposta polo libro e moi singularmente pola expléndida aportación á recuperación da nosa memoria histórica na gran colección bibliográfica Serie Documentos de Ediciós do Castro", concluiu.