O festival de contrabaixo 'Ludwig Streicher' rememorará mañá ao artista Antoni Torelló cunha conferencia e un concerto

Actualizado: jueves, 6 julio 2006 21:56

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 6 Jul. (EUROPA PRESS) -

A Escola de AltosEstudos Musicais de Galicia (EAEM) acollerá mañá unha homenaxe á obra do contrabaixista catalán Antoni Torelló (1884-1959), que será obxecto dunha conferencia e máis dun concerto no marco da celebración do V Festival de Contrabaixo 'Ludwig Streicher'.

Esta dobre sesión, aberta ao público xeral e de entrada libre, dará comezo ás 17.00 horas co relatorio que, baixo o título 'O legado musical de Antonio Torelló: un contrabaixista catalán en Filadelfia', impartirán os profesores Xosé Crisanto Gándara e María Jesús Navalpotro.

A continuación, o Dúo Cordófonos --integrado por Carlos Méndez, contrabaixo principal da Real Filharmonía de Galicia, profesor da EAEM e coordinador do festival; e o pianista Alejo Amoedo-- ofrecerá un concerto no que soarán obras inéditas de Antoni Torelló, quen, a pesar de desenvolver gran parte da súa carreira profesional como contrabaixo principal da Orquestra de Filadelfia, é considerado o fundador da escola española deste instrumento.