O festival de curtometraxes 'Curtocircuíto'06' integrará nas súas actividades un concurso de fotografía dixital

Actualizado: martes, 11 julio 2006 21:53

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 11 Jul. (EUROPA PRESS) -

CurtoCircuíto'06, o Festival Internacional de curtametraxes que se está celebrando en Santiago, integra no seu programa un Concurso de Fotografía dixital cuxa temática deberá centrarse nas propias actividades do Festival --as que se celebran a partir do día 20 como Curtocircuíto na Rúa-- data na que tamén comeza o concurso.

A data de remate do mesmo é o 24 de outubro, e o fallo do concurso coñecerase o 27 dese mesmo mes, consultando a páxina oficial do Festival Internacional, www.curtocircuito.org onde será publicado o fallo, ademais de facelo nos medios de comunicación xeralistas e especializados, segundo explicou o propio festival.

As fotografías que se presenten a concurso han ser inéditas, e deberán ser enviadas en JPG cun peso non superior a un megabyte (1Mb). Cómpre envialas para participar na convocatoria, ó correo electrónico curtocircuito@santiagoturismo.com, poñeno en "asunto" a frase "Concurso de fotografía dixital CurtoCircuíto 06". No envío, farase constar o nome e apelidos, a idade, o teléfono de localización, e a data na que foi tomada a instantánea.

A partir da data de recepción das fotografías, a organización desta III Edición do Festival Internacional CurtoCircuíto'06, iranse colgando da web oficial na sección da mesma denominada "Galería Fotográfica", sen que isto presupoña ningún anticipo da decisión do Xurado, que como queda dito, non se tomará ata que peche o prazo de envíos o 24 de outubro.

Os Premios que se establecen son tres: un primeiro premio, que consistirá nunca cámara de fotos profesional; un segundo, consistente na estadía dunha fin de semana nun Balneario galego, e o terceiro premio será unha cámara fotográfica orixinal.