A Fundación 10 de marzo presenta mañá en Betanzos (A Coruña) o libro "El juicio de los 23"

Actualizado: miércoles, 1 febrero 2006 20:00

A CORUÑA, 1 Feb. (EUROPA PRESS) -

A Fundación 10 de marzo do Sindicao Nacional de CC.OO presentará mañá xoves, día 2, no Liceo do Concello de Betanzos (A Coruña), o libro "El juicio de los 23", que trata sobre os acontecementos desenvolvidos en Ferrol no final do franquismo. O acto, que comenzará ás 20.30 horas, está organizado conxuntamente coa Asociación Fuco Buxán de Ferrol.

Nel, participarán o rexidor de Betanzos, Manuel Lagares ,e Suso Díaz, da Fundación 10 de Marzo, entre outros representantes sindicais e políticos. Rafael Pillado e José Torregrosa, autores e protagonistas do estudo, e membros da Asociación Fuco Buxán, participarán tamén na presentación do libro.

Rafael Pillado, foi sindicalista, dirixente histórico do Partido Comunista de Galicia (PCG) e traballador de Bazán cando se produciron os sucesos do 10 de marzo de 1971. Foi procesado en xullo de 1975 na causa 489/72 coñecida popularmente como "Juicio de los 23". José Torregosa, mestre e poeta, exercía a docencia en marzo de 1972. Vinculado dende moi novo ao movemento cultural, foi procesado na causa da que trata o libro.