O gaiteiro Xosé Manuel Budiño inicia mañán unha xira por Latinoamérica

Actualizado: jueves, 11 mayo 2006 22:20

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 11 May. (EUROPA PRESS) -

O gaiterio Xosé Manuel Budiño comeza mañán unha xira por Arxentina e México, países nos que estará ata o vindeiro 22, para presentar, entre outros, o seu último disco, 'Zume de Terra'.

A xira comeza en Arxentina, onde Budiño ten previsto actuar en Bos Aires o día 14, dentro dos actos de celebración do Día das Letras Galegas por parte da Federación de Sociedades Galegas. O concerto supón tamén a primeira actividade que xorde do protocolo de colaboración cultural asinado recentemente entre a propia Federación e a Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Xunta para crear unha programación cultural estable na capital arxentina.Un día antes, 13 de maio, o músico manterá un encontro con alumnos de gaita e gaiteiros dos centros galegos en Bos Aires, como parte tamén das celebracións.

Posteriormente, viaxará a México, onde lle agardan dous concertos. O primeiro deles terá lugar o día 18 e, o segundo, o día 19 nun escenario de privilexio como é o Bosque de Tlalpan, en México DF. Ambos os dous están incluidos no "Festival Internacional de las Culturas en Resistencia Ollin Kan 2006", no que, durante un mes participan músicos procedentes de paises tan diversos como Mali, Marruecos, Senegal, Irlanda o Israel.

Xosé Manuel Budiño é un dos artistas galegos con maior proxección internacional. O seu último disco, Zume de Terra foi recoñecido pola prensa especializada como un dos mellores discos folk do ano 2004, grazas á súa combinación da tradición galega coa world music e a música de baile. Un traballo co que percorreu ademais o ano pasado os escenarios de paises como Portugal, Italia, Escocia e Inglaterra.