O historiador Xoán Carlos Abad advirte do "erro" de reabrir o debate sobre os bandos implicados na Guerra Civil

Actualizado: lunes, 23 enero 2006 21:36

PONTEVEDRA, 23 Ene. (EUROPA PRESS) -

O historiador Xoán Carlos Abad considera "un erro" reabrir o debate en torno aos bandos que se enfrontaron na Guerra Civil, da que este ano se cumpre o 70 aniversario do seu inicio, e avertiu de que "parece quere volver á distinción entre vencedores e vencidos cando todos foron perdedores".

Abad participou, xunto con Manuel Igrexas e Bieito Alonso, na primeira dunha serie de conferencias que organizan a Universidade de Vigo e maila Aula Castelao de Filosofía sobre a represión franquista. Co título de 'Represión en Pontevedra: de norte a sur', Xoán Carlos Abad expuso os efectos do réxime na zona sur desta provincia, onde "en tódolos concellos se produciu algunha morte violenta de forma estraña".

Nesa área se calcula que o número de vítimas oscila entre as 800 e as 1.000 persoas, entre falecidos e fuxidos da represión. Xoán Carlos Abad asegurou que ao longo das súas investigacións puido comprobar que "aínda queda moito medo" á hora de falar desa época. "Moitos colgaban o teléfono dicindo que non querían falar diso", declarou.

Nese senso, o historiador sinalou que aínda terá que pasar "polo menos unha xeración máis" para superar eses feitos que calificou de "lamentables".