Investigadores internacionais analizarán esta fin de semana en Santiago o novo estado da materia

Actualizado: martes, 7 febrero 2006 20:00

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 7 Feb. (EUROPA PRESS) -

Destacados investigadores de sete países analizarán e discutirán sobre o novo estado da materia, o chamado 'Plasma de Quarks e Gluons', no VIII Workshop on Hadronic Physics at High Energies que terá lugar esta fin de semana na Aula Magna da Facultade de Física da Universidade de Santiago (USC).

A reunión está organizada polo grupo do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías da USC que participa activamente nas investigacións relacionadas con esta cuestión.

O 'Plasma de Quarks e Gluons' é o estado no que se atopaba o universo nos primeiros instantes despois do Big-Bang. Os 30 investigadores que participarán na reunión de traballo analizarán este novo estado do que, recentemente, se obtiveron evidencias no Centro Europeo de Partículas Elementais de Ginebra e no Laboratorio Nacional de Brookhaven de Estados Unidos.

Os expertos afondarán especialmente nos experimentos deseñados para o seu estudo no novo acelerador, gran colisionador de hadróns que se está construíndo no Centro Europeo de Física de Partículas Elementais (CERN).