Letras Galega.- Villarino aposta pola "democratización" da cultura para "garantir" os dereitos dos cidadáns

Actualizado: lunes, 15 mayo 2006 20:00

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 15 May. (EUROPA PRESS) -

A presidenta do Parlamento de Galicia, Dolores Villarino, apostou hoxe por "democratizar" a cultura para "garantir" os dereitos dos cidadáns e acadar a "cohesión social".

Tras presidir a maratón de lectura organizada polo concello da Coruña con motivo do Día das Letras Galegas, Villarino reclamou "apoio aos creadores" para cumplir este obxectivos. Ademáis, salientou que o Día das Letras Galegas é, hoxe, "máis que nunca cultura" e engadiu que "cultura é liberdade".

Neste acto, lembrou a actividade de Manuel Lugrís como gramático da lingua galega, escritor e político comprometido, e reivindicou "a herdanza de compromiso, de enerxía por dotar á nosa lingua dunha entidade de seu". Tamén, reclamou a "enerxía" de Lugrís para continuar no "longo e difícil camiño" da autonomía.

Neste senso, salientou que o Día das Letras Galegas estea adicado a Lugrís, que colaborou na redacción do Estatuto do 36. "Resulta cando menos ilusionante que poidamos estar hoxe aquí, na Coruña, 143 anos despóis do seu nacemento, cunha dictadura de por medio, protagonizando unha homenaxe feita en galego con representantes como somos das institucións autonómicas polas que loitou", engadiu.

Villarino clausurou este acto no que tamén interviu o neto do homenaxeado, Manuel Lugrís Fernández, así como a directora do Centro Cívico Municipal Los Mallos -onde se desenvolveu o acto-, María Luisa Bodelón, o presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro, e a primeira teniente de alcalde do Concello da Coruña e deputada no Congreso, Carmen Marón.