Letras Galegas.- Ánxela Bugallo avoga que a conmemoración do 17 de maio esté presente todo o ano polo ben do galego

Actualizado: miércoles, 17 mayo 2006 21:25

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 17 May. (EUROPA PRESS) -

A conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, considerou hoxe "unha necesidade" que o 'Día das Letras Galegas', que se celebra cada 17 de maio, esté presente todo o ano polo ben da lingua galega.

Ánxela Bugallo participou hoxe en varios actos conmemorativos desta data, xa que pola mañá estivo na Festa da Cultura da Coruña e en Sada (A Coruña) na sesión extraordinaria da Real Academia Galega (RAG) e, pola tarde, visitou os espazos de Santiago de Compostela nos que se desenvolvían as actividades da 'Festa da Lingua'.

Na capital galega, Ánxela Bugallo valorou a conmemoración desta data e avogou porque sexa lembrada todo o ano "é unha necesidade para que o galego siga vivo, sobre todo entre os nenos e as nenas". Saludou a organización de actividades como as da Festa da Lingua de Santiago e anunciou que o seu departamento tratará de que se desenvolvan durante todo o ano e non só o 17 de maio.

A conselleira visitou hoxe os espazos habilitados na Alameda de Santiago e na Praza do Toural para que os nenos e as nenas participasen en obradoiros, xogos tradicionais e centradas nos libros.

As actividades da Festa da Lingua están organizadas pola Mesa pola Normalización Lingüística, coa colaboración das consellerías de Cultura e de Innovación e Industria, así como do Concello compostelán. Ainda que estaba previsto que se desenvolvesen entre e as 16.00 e 20.00 horas na Alameda e no Toural, a choiva fixo que a organización decidise adiantar unha hora o remate desta festa.

A Alameda foi o espazo no que se ubicou a Carpa da Cultura Circula, programa da Consellería de Cultura; e no que tivo lugar a celebración do Día da Internet, co reparto de aplicacións informáticas en galego. Na praza do Toural, a Festa da Lingua ofreceu actividades para rapaces e rapazas axeitadas a cada grupo de idade onde a base común foi a lingua, a lectura e o vocabulario, entre outras.