Letras Galegas.- Núñez Feijóo participa mañá na Fundación Otero Pedrayo nun acto en homenaxe a Lugrís

Actualizado: lunes, 15 mayo 2006 20:32

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 15 May. (EUROPA PRESS) -

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, participará na Fundación Otero Pedrayo, no concello de Amoeiro (Ourense), nun acto en homenaxe a Manuel Lugrís Freire, autor ao que este ano se lle adica o Día das Letras Galegas.

O acto, co que os populares galegos conmemorarán as Letras Galegas, terá lugar ás seis e media da tarde e a el asistirán parlamentarios nacionais e autonómicos,senadoers, alcales e presidentes locais do partido.

Por outra banda, o PP da Coruña súmase á festa das Letras Galegas, que se ven celebrando dende fai corenta anos, cando conmemorando o centenario da publicación dos Cantares Galegos de Rosalía xurdiu esta inicitativa, con outros actos. O partido invita a todos os actos aos afiliados, simpatizantes e amigos que desexen participar.

Así, a comisión de Educación e Cultura do Partido Popular da Coruña, a través das súas secretarías e dos membros de Novas Xeracións, en colaboración coa Asociación Educativa Galega (ASEGA), celebrarán, co apoio da Xunta Local do PP da Coruña, diversos actos que terán lugar mañá e o propio mércores, 17 de maio.

Mañá, as 20.00 horas no Salón de Actos Fonseca, terá lugar a conferencia a cargo do ex director Xeral de Política Lingüística e inspector de ensino, Xesús Pablo González Moreiras, quen será presentado polo inspector de ensino, Alberto González Armesto. Ademais, pechará o acto o secretario xeral do PP Provincial, Carlos Negreira Souto.

O propio 17 de maio, ás 11.30 hora, os membros do PP Provincial realizará unha ofrenda floral no cemiterio de San Amaro da Coruña. O percorrido comezará ante a tumba de Curros Enríquez, e continuará pola de Eduardo Pondal, pola da familia de Rosalía de Castro, entre outras, e rematará ante no panteón de Manuel Lugrís Freire, o homenaxeado ante o cal o Secretario Xeral do PP Provincial, Carlos Negreira Souto, procederá a lectura dun texto.

Ao longo do percorrido polo cemiterio realizaránse varias homenaxes que correrán a cargo de Santiago Pérez Rodríguez, presidente da Asociación Educativa Galega (ASEGA), Isabel García Vila (ex delegada de Cultura e profesora de ensino medio), Mario Juíz López (director do Instituto Paseo das Pontes), Eduardo Lámas Sánchez (deputado Provincial), Cristina Goas Casal (concelleira da Coruña), e Belén Do Campo Piñeiro (senadora).