Letras Galegas.- A Universidade de A Coruña celebrará diversos actos coa presencia do neto de Manuel Lugrís

Actualizado: lunes, 15 mayo 2006 21:01

A CORUÑA, 15 May. (EUROPA PRESS) -

A Universidade de A Coruña sumarase á celebración do Día das Letras Galegas con actos abertos a todo o público nos campus coruñés e no de Ferrol, que se celebrarán mañá e o 23 de maio, respectivamente.

No caso de A Coruña terán lugar mañá martes, día 16, ás 20.00 horas no Paraninfo da Reitoría, mentres que en Ferrol se levarán a cabo o 23 de maio ás 19.00 horas no salón de actos da Vicerreitoría. En ambos, o encargado da apertura será o reitor, José María Barja.

O acto de mañá, no Paraninfo da Universidade de A Coruña, os actos, de acceso libre, comenzarán ás 20 horas coa intervención do reitor. Despois tomará a palabra Teresa López, profesora da Área de Filoloxías Galega e Portuguesa, para presentar unha reproducción facsimilar do conto inédito de Manuel Lugrís Freire 'A funcionaria' coa que a Universidade de A Coruña festexa esta data.

A continuación Manuel Lugrís Rodríguez, neto de Manuel Lugrís Freire, ofrecerá a conferencia titulada 'Unha visión persoal de Manuel Lugrís Freire'. A música centrará tamén as actividades organizadas pola Universidade da Coruña.

Así, no Paraninfo poderase disfrutar mañá, día 16, dun concerto a cargo do grupo Nordestinas, no que se xuntan as voces galegas Guadi Galego e Ugia Pedreira co pianista Abe Rábade.

No campus ferrolano, Guadi Galego, acompañada á guitarra por Guillerme Fernández, ofrecerán o día 23 o concerto Espidos. A través da guitarra e da voz, estes dous compoñentes de Berrogüetto, interpretarán 12 cancións entre as que predominan os temas de autor e algunhas adaptacións tradicionais.

Tamén o Complexo Hospitalario Juan Canalejo celebrará mañá un acto conmemorativo, que organiza o Grupo de Apoio á Língua Galega do centro hospitalario. Nesta ocasión a conferencia correrá a cargo de Manuel Lugrís Rodríguez, neto de Lugrís Freire, que disertará sobre a obra do seu avó. A presentación do acto, que será ás 13.30 horas no salón de actos do hospital, correrá a cargo doutor Fausto Galdo, xefe do Servicio de Reumatoloxía.