Máis de 93 traballos audiovisuais optan aos Premios Mestre Mateo 2005

Actualizado: miércoles, 18 enero 2006 19:57

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 18 Ene. (EUROPA PRESS) -

Un total de 37 productoras e catro escolas e universidades de Galicia presentaron 93 traballos audiovisuais que optan a algunha das 27 categorías dos Premios Mestre Mateo 2005, que organiza e convoca a Academia Galega do Audiovisual.

No que atinxe ós profesionais que optan a este galardón, son 271 as persoas que aspiran a levarse unha estatuíña en marzo no decurso da gala que se celebrará na Coruña.

O proceso de elección de candidatos está neste momento en fase de alegacións por parte dos socios dende o pasado 9 de xaneiro ata o vindeiro 27 de xaneiro. Unha vez realizadas as alegacións, a listaxe de candidatos e candidaturas será definitiva, e procederase así a continuar co proceso de votación nas súas distintas fases eliminatorias.

A partir do 31 de xaneiro serán os socios os que mediante o seu voto decidan cales son os catro nominados para cada unha das 27 categorías. A segunda e derradeira rolda dará a coñecer en marzo, na gala de entrega dos Premios Mestre Mateo 05 na Coruña, ós gañadores dos galardóns.