Miguel Anxo Fernández e Suso de Toro participan o venres no seminario de cine e literatura 'Diálogos na casa de Rosalía'

Actualizado: miércoles, 19 abril 2006 23:16

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 19 Abr. (EUROPA PRESS) -

A Fundación Rosalía de Castro organiza na Casa de Museo de Padrón a segunda edición da serie de tertulias 'Diálogos na Casa de Rosalía', que reunirá ao longo de sete meses a 25 escritores e especialistas dos distintos ámbitos da cultura galega e que levará o próximo venres ao crítico cinematográfico Miguel Anxo Fernández e ao escritor Suso de Toro a dar conta das historias galegas no cine en 'Historias galegas na pantalla. Cine e Literatura'.

Estructurados en dúas areas, esta segunda edición das tertulias, que terán lugar cada venres na Casa Museo, abordan desde distintas perspectivas cuestións como a relación entre Rosalía e a Galicia do seu tempo, a influenza da obra da poeta na historia da literatura galega, a recepción da súa obra ou a súa relación co mundo da escena. Entre os especialistas que tomarán parte nas sucesivas sesións estarán Miguel Anxo Fernán Vello, Pilar Garcia Negro, Maria Xosé Queizán, Xesús Alonso Montero, Dolores Vilavedra ou María Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda.

Polo que respecta á segunda área, que comezou o pasado mes de marzo e que se prolongará ata xullo, os Diálogos centraranse en cuestións como o ensaísmo galego, a cultura nos medios de comunicación, as relacións entre cine e literatura ou a literatura en Internet, que analizaran expertos como Xosé Luis Barreiro, Suso de Toro, Santiago Jaureguizar, Arturo Casas ou Camilo Franco, entre outros.