24 de noviembre de 2020
27 de junio de 2006

Nota de aclaración a la información: "O Consorcio Audiovisual de Galicia convoca axudas para a promoción..."

Atención abonados, a orde de axudas será publicada mañá no DOG e non hoxe, como figuraba.

O Consorcio Audiovisual de Galicia convoca axudas para a promoción de produccións audiovisuais a través de Internet

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 27 Jun. (EUROPA PRESS) -

O Consorcio Audiovisual de Galicia convoca por terceiro ano consecutivo axudas para a promoción de producións audiovisuais a través de Internet, segundo publicará mañá o Diario Oficial de Galicia, que explica que o prazo de presentación de solicitudes rematará o 1 de decembro de 2006.

O obxectivo principal é a colaboración coas produtoras durante o proceso de creación de páxinas web de producións audiovisuais, debido a que se trata dun dos mellores instrumentos para o desenvolvemento do negocio cinematográfico. Ao respecto, o consorcio destaca a posibilidade de promoción, visibilidade do produto e creación de expectativas diferenciais ante un público que ofrece esta canle.

O período de cobertura do programa estará comprendido entre o 1 de xaneiro e o 30 de decembro de 2006 e o orzamento dedicado a estas axudas será de 80.000 euros. O importe da axuda non poderá superar en ningún caso o 40% do presuposto declarado, IVE excluído, establecéndose unha cantidade máxima de 9.000 euros por proxecto e sempre que exista dotación orzamentaria.

Isto supón un incremento orzamentario de 20.000 euros respecto ás anteriores convocatorias e cada proxecto solicitante poderá obter 3.000 euros máis coa finalidade de elaborar páxinas webs dos seus proxectos.