SANTIAGO DE COMPOSTELA, 17 Mar. (EUROPA PRESS) -
Os tres grupos con representación no arco parlamentario galego decidiron hoxe por unanimidade selar un pacto pola reactivación económica e o emprego, ao que se dará concreción e vixiarase a súa posta en marcha nunha comisión parlamentaria. Pola súa banda, o BNG descolgouse dunha proposta para a revitalización demográfica ofrecida onte polo presidente da Xunta, que si contou co respaldo do PSdeG.
As caixas e a lingua, dous dos asuntos centrais do debate, tampouco conseguiron acordos unánimes, dado que os socialistas quedaron fóra do acordo polo futuro financeiro de Galicia, mentres que o PPdeG quedou so na defensa da súa política lingüística, que define como de equilibrio.
Estes foron as principais cuestións que se abordaron na sesión de peche do Debate sobre o Estado da Autonomía, no marco do cal se debateron 85 propostas de resolución dos populares, 29 dos socialistas e 325 dos nacionalistas galegos.
(HABERÁ AMPLIACIÓN)