SANTIAGO DE COMPOSTELA, 27 Nov. (EUROPA PRESS) -
A Consellería de Educación decretou o peche da escola infantil La Barcala do municipio coruñés de Cambre após detectarse un caso de coronavirus.
Trátase do segundo centro educativo clausurado pola pandemia desde o inicio de curso. Deste xeito, a E.I. La Barcala súmase á tamén escola infantil A Xirandola de Santiago, cuxo peche foi decretado o pasado venres e mantense sete días despois.
Así figura no balance de casos de covid-19 nas aulas galegas remitido este venres pola Consellería de Educación, que contabiliza, con datos acutalizados até o xoves, un total de 1.106 positivos nos centros educativos con 51 aulas pechadas e dous centros clausurados.
(HABERÁ AMPLIACIÓN)