Pescado o "campanu" do río Ulla na Estrada (Pontevedra)

Actualizado: lunes, 1 mayo 2006 19:41

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 1 May. (EUROPA PRESS) -

O pescador Manuel Mosteiro Cardía capturou hoxe o primeiro salmón da tempada, o "campanu", do río Ulla. O exemplar, capturado no coto de Ximonde, no Concello da Estrada (Pontevedra), pesou 4,7 quilogramos e mediu 75 centímetros.

Nun comunicado, a Consellería de Pesca, sinalou que, pouco despois, pescouse no Mandeo, o primero salmón da tempada neste río, que foi capturado no coto de Betanzos por Enrique Blanco Sánchez. O exemplar collido pesou 5,1 quilogramos e mediu 70 centímetros.