O pintor octoxenario Virxilio amosará en Santiago case 200 obras, a maioría delas inéditas

Actualizado: sábado, 24 junio 2006 17:35

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 24 Jun. (EUROPA PRESS) -

O pintor ourensán Virxilio, que conta con 81 anos de idade, amosará en Santiago case 200 obras, a maior parte delas inéditas, nunha exposición que se inaugurará o luns e que se poderá visitar ata o vindeiro 26 de xullo.

O acto inaugural da mostra, titulada 'Os Oitentas', terá lugar coa presencia do director xeral de Creación e Disusión Cultural, Luis Bará, y coa do concelleiro de Cultura de Santiago, Néstor Rego, ambos en representación das dúas institucións que colaboran na organización, xunto co Clube Internacional de Prensa e co IES Rosalía de Castro, que acolle a exposición.

Virxilio, que se formou na Escola Superior de Belas Artes de París, conta cunha "rica experiencia" en distintos xéneros pictróricos, aínda que recoñece que "sempre está pintando o mesmo cadro". Ademais, asegura que coa idade se perden facultades "pero se gaña unha certa mestría".